O tenis de mesa


Ola amig@s !!

Hoxe imos a falar sobre un deporte do que non se fala moito , imos a falar sobre o PING PON ou TENIS DE MESA .


Resultado de imaxes para ping pon
O tenis de mesa é un deporte de raqueta de dous xogadores ou dúas parellas . É un deporte Olímpico dende Seúl 1988 , e o deporte con maior número de practicantes , aproximadamente 40 millóns de competidores no mundo .

Hai un estudo da NASA ( National Aeronautics and Space Administration ) que afirma que o tenis de mesa é o deporte máis complicado que o ser humano pode realizar a nivel profesional .

Resultado de imaxes para ping ponO tenis de mesa ten máis 200 organizacións e mais de 30 millóns de federados a todos os niveles de competición , dende torneos de clubs ata campionatos a nivel mundial .

Naceu aproximadamente no ano 1870 en Inglaterra como derivación do tenis . A historia deste deporte está marcada por diferentes evolucións técnicas , físicas tanto das raquetas como das pelotas , tamén evolucións nas regras do xogo ou nas maneiras de suxeitar a raqueta .

O tenis de mesa moderno conta cunha variedade de sistemas de xogo tanto ofensivos como defensivos .








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Benvidos

O Baloncesto