Probas dos Xogos Olimpicos gregos



Ola amig@s ! 

Hoxe imos a falar sobre as diferentes probas que había nos xogos olímpicos gregos .

Nesta competición distínguense seis tipos de probas : carreiras pedrestes  , carreiras ecuestres , loita , puxilato , pancracio e pentatlón .

Comecemos polas carreiras pedrestes inclúen catro tipos : o estadio , o diaulós ,  dilochos e hoplitódromo ( ou carreira de armas ) .

O estadio era a proba mais antiga e de mais prestixio , xa que o vencedor daría o nome aos xogos , consistía en facer unha carreira de 192 metros arredor do estadio . O diaulós era unha carreira de 384 metros . O dilochos variaba entre os 7 e 24 estadios . E por último a carreira con armas variaba entre os 2 e 4 estadios nela os atletas levaban casco e o escudo dos hoplitas , utilizando isto a proba podería ser penosa xa que os escudos pesaban moito , para evitar algún fraude os escudos que os atletas utilizarían estaban gardados no Templo de Zeus , para que así ningún participante levara un escudo de peso mais lixeiro .

As carreiras ecuestres incluían carreiras de carros ou de cabalo de sela . Nas carreiras de carros podía ser de dous cabalos (bigas) ou de catro (cuadrigas) . As cuadrigas foron incluídas nos xogos no ano    -680 e as carreiras de cabalo de sela no ano -648 . Unha  carreira de carros consistía de doce voltas ao hipódromo , cada volta tiña entre 823 e 914 metros e unha carreira de cabalo daba unha volta ao hipódromo .

A loita naceu no Próximo Oriente , na loita grega era necesario provocar por tres veces ao adversario para conseguir a vitoria , conseguise o punto cando as costas , ombros ou o peito tocaba o chan .

O puxilato eran unha practica da Grecia Antiga do século -VIII ,  era unha loita na que tan so se podía atacar cos puños , os dedos estaban cubertos por tiras de coiro , non había categorías baseadas no peso dos atletas , o xogo remataba cando un dos atletas caia inconsciente .

O pancracio era unha combinación do puxilato e a loita , que daba o resultado dunha proba moi dura e extremadamente violenta , onde os seus participante podían chegar a morrer . Estaba todo permitido excepto meter os dedos nos ollos , atacar nos xenitais ou morder . A vitoria era cando un dos atletas levantaba un dedo para que o xuíz o percibise .

E por último pentatlón dos Gregos era diferente ao pentatlón moderno sendo composto po lanzamento de disco , lanzamento de xavelina , salto de lonxitude , carreira de estadio e a loita .

Ate aquí o blog de hoxe , no seguinte blog falaremos sobre o baloncesto !

Resultado de imaxes para juegos olimpicos grecia

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O Baloncesto

NOVO CONCURSO DE FOTOGRAFIA NA POBRA DO CARAMIÑAL

Accidente nunha praia de Cambados