Xogos Olímpicos gregos



Ola amig@s !

Hoxe imos a falar sobre xogos olímpicos gregos .

Os xogos Olímpicos eran un festival relixioso e atlético da Grecia Antiga , que se disputaban de catro en catro anos no santuario de Olimpia , celebrábanse en honra de Zeus . A primeira edición foi no ano -776 .

Estes Xogos disputábanse mais concretamente no santuario de Zeus en Olimpia , na rexión occidental do Peloponeso , aproximadamente a 15 quilómetros do Mar Xónico .

Os estranxeiros , ou bárbaros segundo a mentalidade grega , non podían participar nos xogos , tampouco podían participar nin mulleres nin escravos . Douse dun caso no una muller vestiuse con roupas masculinas e fíxose pasar por un adestrador , meteuse no ximnasio e veu como o seu fillo loitaba , finalmente o rapaz gañou e a muller deixou caer as roupas e descubriron que era unha muller . Á competición ían os atletas de clases mais favorecidas e que comezaban o deporte dende moi pequenos . Os atletas viaxaban desde calquera parte de Grecia a Olimpia .

A organización dos xogos era responsabilidade da polis da Élide . No ano -668 Fidón de Argos conquistou Olimpia e entregou o poder do santuario a cidade de Pisa , que organizou os xogos ate       -558 , o ano no que a Élide perdeu o perdeu o poder en Olimpia grazas a Esparta .

O ano no que se disputaba a competición a Élide enviaba por toda Grecia heraldos que anunciaban a data concreta dos xogos , tamén anunciaban a tregua sagrada , e dicir que durante a competición non podía haber guerra .

No seguinte blog falaremos sobre as distintas probas da competición .


Resultado de imaxes para juegos olimpicos griegos





















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Accidente nunha praia de Cambados

Probas dos Xogos Olimpicos gregos

O Baloncesto